miércoles, 2 de diciembre de 2015

MORREU XOSÉ NEIRA VILAS

XOSÉ NEIRA VILAS 


Xosé Neira Vilas na súa casa de Gres e  Fundación  que leva o seu nome


Xosé Neira Vilas, nado en Gres (Vila de Cruces) o 3 de novembro de 1928 e finado o 27 de novembro de 2015, foi un escritor galego.


Fillo de labregos, estudou comercio por correspondencia e traballou de contable. En xaneiro de 1949 emigrou a Arxentina e entra en contacto con galeguistas como Luís SeoaneRafael DiesteRamón Suárez Picallo,Lorenzo Varela ou Ramón de Valenzuela e en 1953 funda as Mocedades Galeguistas, casa coa escritora Anisia Miranda en 1957 e funda a editorial Follas Novas. En 1961 marcha a Cuba coa súa dona.
Logo de trinta e un anos na illa caribeña, xa xubilados, regresan a Galicia en 1994 para viviren en Gres onde dirixen a Fundación Xosé Neira Vilas e continúan co labor cultural e periodístico.
Xosé Neira Vilas é membro numerario da Real Academia Galega, Doutor Honoris Causa polas Universidades da Coruña e da Habana e recibiu moitos premios.
A súa obra Memorias dun neno labrego é o libro máis lido da historia da literatura galega. Tanto esta coma outras obras posteriores reflicten o mundo rural e a emigración. Entre as novelas que reflicten o mundo rural hai que distinguir entre as de protagonista infantil e adulto.
As de protagonista infantil, forman o chamado "ciclo do neno" e son: Memorias dun neno labregoCartas a Lelo e Aqueles anos do Moncho.
Entre as que reflicten o agro galego dende a perspectiva adulta recrean toda a súa crueza: Xente no rodicio A muller de ferro e Querido Tomás.
Un pouco diferentes, aínda permanecendo un substrato rural, son as obras LarNai e Pan. O mundo da emigración aparece en Camiño bretemoso, na colección de contos Historias de emigrantes, en Remuíño de sombras e en Tempo novo.
Neira Vilas escribiu tamén libros para nenos, entre os que destacan Espantallo amigoO cabaliño de buxoA marela TaravelaContos vellos pra rapaces novos e Chegan forasteiros.
En colaboración coa súa muller, a cubana Anisia Miranda, publicou un libro de de cancións e poemas titulado Cantarelas e contos prá xente miúda.
Fonte: Galipedia 

PROPOSTAS DE TRABALLO
  • Elabora un esquema sobre Xosé Neira Vilas e a súa obra. 
  • ¿Como se chamaba o protagonista de Memorias dun neno labrego?. Pregunta aos maiores . ¿cantos o saben? 
  • A ver si sabes cantos libros temos na Biblioteca do IES de Barro asinados polo autor. Fai pescudas e decobre por que e cando foron asinados. 
VISITA DOS ALUMNOS DE 1º E 2º DA ESO DA BARRO 
Á FUNDACIÓN DE XOSÉ NEIRA VILAS 
CURSO 2012-13





No hay comentarios: