MIRIAM GÓMEZ CALVO recoméndanos:
Cuando Hitler robó el conejo rosa Judith Kerr
Recoméndoo porque é un libro entretido e, a pesar de ter un fondo tráxico, hai cousas divertidas e está contado desde un bo punto de vista.
Ten un fondo triste porque trata dunha rapaza que se chama Anna que é xudía, polo que ten que marchar de Alemaña para fuxir de Hitler. Na súa fuxida pasaron por tres países: Francia, Suiza e Inglaterra. Gustoume moito.
Mil soles espléndidos Khaled Hosseine
É un libro moi entretido. Resulta interesante aprender cómo vive a xente de Afganistán e sobre todo as mulleres.
Sorprendeume que empeza falando sobre unha rapaza que se chama Mariam e despois na segunda parte do libro empeza a falar doutra rapaza que se chama Laila, algo totalmente distinto e fai que case nos olvidemos de Mariam .
Despois xa comprendin a razón e gustoume moito esa maneira de presentarnos as dúas protagonistas. Vale a pena lelo, encantoume.
Memorias dun neno labrego Xosé Neira Vilas
"Recomendo este libro porque me parece interesante aprender como vivía antes a xente campesiña en Galicia e é algo que os rapaces deberiamos coñecer"
Yo soy Malala
" Conta a vida de Malala, unha rapaza que case perde a vida por defender o dereito das rapazas á educación. É moi interesante e gustoume moito. Contrariamente ao que se pode pensar non é nada aburrido"
La llamada de la selva Jack London
"Recomendo este libro porque nos relata a dura vida dun San Bernardo ao que venderon como can de trineo. A historia principal e os tres relatos do final están ambientados no Canadá na época dos buscadores de ouro. Gustoume moito, resulta moi entretido."
Nunca digas nunca Amy Lab
"Non se trata só dunha historia romántica, normalmente demasiado previsibles. Detrás das vidas dos personaxes agóchase un misterio."