miércoles, 2 de diciembre de 2015

MORREU XOSÉ NEIRA VILAS

XOSÉ NEIRA VILAS 


Xosé Neira Vilas na súa casa de Gres e  Fundación  que leva o seu nome


Xosé Neira Vilas, nado en Gres (Vila de Cruces) o 3 de novembro de 1928 e finado o 27 de novembro de 2015, foi un escritor galego.


Fillo de labregos, estudou comercio por correspondencia e traballou de contable. En xaneiro de 1949 emigrou a Arxentina e entra en contacto con galeguistas como Luís SeoaneRafael DiesteRamón Suárez Picallo,Lorenzo Varela ou Ramón de Valenzuela e en 1953 funda as Mocedades Galeguistas, casa coa escritora Anisia Miranda en 1957 e funda a editorial Follas Novas. En 1961 marcha a Cuba coa súa dona.
Logo de trinta e un anos na illa caribeña, xa xubilados, regresan a Galicia en 1994 para viviren en Gres onde dirixen a Fundación Xosé Neira Vilas e continúan co labor cultural e periodístico.
Xosé Neira Vilas é membro numerario da Real Academia Galega, Doutor Honoris Causa polas Universidades da Coruña e da Habana e recibiu moitos premios.
A súa obra Memorias dun neno labrego é o libro máis lido da historia da literatura galega. Tanto esta coma outras obras posteriores reflicten o mundo rural e a emigración. Entre as novelas que reflicten o mundo rural hai que distinguir entre as de protagonista infantil e adulto.
As de protagonista infantil, forman o chamado "ciclo do neno" e son: Memorias dun neno labregoCartas a Lelo e Aqueles anos do Moncho.
Entre as que reflicten o agro galego dende a perspectiva adulta recrean toda a súa crueza: Xente no rodicio A muller de ferro e Querido Tomás.
Un pouco diferentes, aínda permanecendo un substrato rural, son as obras LarNai e Pan. O mundo da emigración aparece en Camiño bretemoso, na colección de contos Historias de emigrantes, en Remuíño de sombras e en Tempo novo.
Neira Vilas escribiu tamén libros para nenos, entre os que destacan Espantallo amigoO cabaliño de buxoA marela TaravelaContos vellos pra rapaces novos e Chegan forasteiros.
En colaboración coa súa muller, a cubana Anisia Miranda, publicou un libro de de cancións e poemas titulado Cantarelas e contos prá xente miúda.
Fonte: Galipedia 

PROPOSTAS DE TRABALLO
  • Elabora un esquema sobre Xosé Neira Vilas e a súa obra. 
  • ¿Como se chamaba o protagonista de Memorias dun neno labrego?. Pregunta aos maiores . ¿cantos o saben? 
  • A ver si sabes cantos libros temos na Biblioteca do IES de Barro asinados polo autor. Fai pescudas e decobre por que e cando foron asinados. 
VISITA DOS ALUMNOS DE 1º E 2º DA ESO DA BARRO 
Á FUNDACIÓN DE XOSÉ NEIRA VILAS 
CURSO 2012-13





O SIDA

1 DE DICIEMBRE: DÍA MUNDIAL DE LA LUCHA CONTRA EL SIDA 
El síndrome de inmunodeficiencia adquirida (SIDA en castellano y AIDS en inglés) es una enfermedad de transmisión mayormente sexual que se debe a una mutación o cambio en un virus propio de una especie de mono africano, que pasó a la sangre humana y allí se ha adaptado y reproducido.   
La corta historia de la enfermedad está salpicada por varios acontecimientos importantes. Los primeros casos en 1981 surgen  entre los homosexuales, en 1983 Luc Montagnier descubre el agente causante: el VIH (virus de inmunodeficiencia humana). En 1985 ya estuvieron disponibles las pruebas para analizar qué sangre contenía o no el VIH. En 1983, se manifestó la epidemia del SIDA también en personas heterosexuales, y en 1985 se habían contabilizado casos en todos los continentes.
Seis años después de su detección, en 1987, se crearon diversos organismos para tratar de contener la rápida propagación. También en esta fecha se autorizó el primer fármaco para tratar el SIDA. La terapia triple antirretroviral no estuvo disponible hasta 1996. En la actualidad, se investiga en la obtención de una vacuna que frene al virus.
  • ¿Qué significa el acrónimo SIDA?
  • ¿Cómo ha surgido esta enfermedad?
  • ¿Cuál es su medio de transmisión más habitual?
  • ¿En qué ámbito surgió con más virulencia la enfermedad?
  • Qué terapia está siendo utilizada para luchar contra esta enfermedad? 
  • ¿Qué precauciones se pueden adoptar? 

martes, 1 de diciembre de 2015

O PROTOCOLO DE KIOTO

EL PROTOCOLO DE KYOTO

Deduzcamos:
  • ¿Qué es un protocolo? 
  • ¿Dónde está Kyoto?
  • Si lo relacionamos con el Medioambiente, ¿qué  te sugiere?. Observa la siguiente ilustración  y comenta.



¿Qué es el Protocolo de Kyoto?
 

Para responder a la amenaza del cambio climático, la ONU aprobó en 1997 el Protocolo de Kyoto, que fue ratificado por 156 países y, finalmente, rechazado por los mayores contaminantes del mundo: Estados Unidos, India y China . El Protocolo establece el objetivo de reducir las emisiones de gases de efecto invernadero en una media del 5,2 por ciento con respecto a los niveles de 1990 para el año 2012.
El comercio de emisiones, el principal mecanismo para alcanzar esta meta, fue impulsado por los Estados Unidos a raíz de la fuerte presión de las grandes empresas. El acuerdo divide y privatiza la atmósfera como si fueran parcelas e instituye un mecanismo de compra y venta de 'permisos de contaminación' como si se tratara de una mercancía cualquiera.

martes, 9 de junio de 2015

PRESENTACIÓN DUN LIBRO SOBRE ISAAC DÍAZ PARDO


Loli Beloso, amiga e coñecedora da vida de Isaac Díaz Pardo, escribiu un libro moi interesante para nenos sobre a biografía de Isaac. Moi xentilmente veunos falar dese home tan humilde que ela compara con Ángel Carracedo, "dous xenios moi traballadores que destacan pola súa naturalidade ".

Grazas  Loli por facernos redescubrir a Isaac e a Ángel!
"Sementade boas sementes, bos sentimentos, iso dará boas plantas"
O esforzo ante todo e  fomentar os bos sentimentos  unha lección que trataremos de seguir...

Na Biblioteca tedes os libros de Loli Beloso:

Con estes libros Loli Beloso contribúe  a financiar a Fundación de Mediciña Xenómica

FARO DE VIGO


ÁNGEL CARRACEDO EN BARRO

fonte: http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2015/06/06/festa-da-familia-placeres-charla/1254728.html


Ángel María Carracedo Álvarez, nado en Santa Comba o 12 de novembro de 1955, é un Catedrático de Medicina Legal, experto internacional en xenética.
É autor de varios libros e centos de publicacións. Vicepresidente da Academia Internacional de Medicina Legal, membro do Grupo Europeo do ADN e da Comisión de ADN da Comisión de Xustiza dos Estados Unidos de América, coordinador da Rede europea de estandarización do ADN e da Rede iberoamericana de xenética molecular aplicada á medicina forense. Está ao fronte da Fundación de Medicina Xenómica de Galicia.
Actualmente coordina a investigación coa labor docente. É profesor de Medicina Legal, Ética Médica e Bioloxía Molecular na facultade de Medicina e Odontoloxía da Universidade de Santiago de Compostela



Excursión dos alumnos de relixión

domingo, 10 de mayo de 2015

Concepción Arenal


 Concepción Arenal Ponte, nada en Ferrol o 31 de xaneiro de 1820 e finada en Vigo o 4 de febreiro de 1893, foi unha diplomada en Dereito, xornalista, poeta, autora dramática e de zarzuela. Foi a primeira muller en asistir a unha Universidade española.
 A maior parte da súa cultura e formación acadouna de xeito autodidacta, especialmente 
a través da lectura, á que se afeccionou polo contacto coa biblioteca  da súa familia.
É bastante probable que asistise á Universidade disfrazada de home, ás aulas da carreira de Dereito, xa que nese momento non se permitía legalmente o acceso das mulleres aos estudos superiores en España.
Tivo o cargo de "visitadora de prisións de mulleres" en 1863,
Con Concepción Arenal naceu o feminismo en España, pois dende nova loitou por romper os canons establecidos para a muller, rebelándose contra a tradicional marxinación do sexo feminino, e reivindicando a igualdade en todas as esferas sociais para a muller. (fonte: Galipedia)

Película sobre a súa vida: na  Biblioteca de Barro


Martha Graham

 Martha Graham, nace o 11 de maio de 1894, bailarina e coreógrafa, será considerada como uhna das pioneiras da danza moderna.  A súa arte pódese comparar ao que aportou Picasso ás artes visuais, por iso chámana a Picasso da Danza. Ideará unha nova linguaxe de movemento  para mostrar a paixón, a rabia ... 

Barbara Morgan's portrait of Martha Graham may be the most famous photo ever taken of an American dancer.


Read more: http://www.smithsonianmag.com/arts-culture/an-unforgettable-photo-of-martha-

miércoles, 6 de mayo de 2015

CONCURSO DE MICRORRELATOS

VII CONCURSO DE MICRORRELATOS E MICROPOEMAS TERRAS DO UMIA

A coordinadora comarcal de Equipos de Dinamización da Lingua Galega convocou o VII concurso de microtextos (curso 2014-2015).
Participaron  os centros educativos que integran a Coordinadora Comarcal “Terras do Umia” dos concellos de Barro, Caldas de Reis, Cuntis, Moraña e Portas. 

  • Unha alumna de Barro foi a autora dun dos dous relatos gañadores do Primeiro Premio.

Velaquí o   texto gañador de Uxía Outón de 4º da ESO:

ORIENTE MEDIO

Deixouse caer rendida diante daquela xente. Tentou buscar a resposta: Canto doe a inxuria?
Recreación dunha lapidación en Bruxelas 
Cincocentas pedras




  • Este foi outro dos textos seleccionados, de Ana Cancela Rodríguez (4º da ESO) para participar 


O MUNDO PERFECTO

Sacoulle unha foto ao gato que se atopaba no muro e cando levantou a mirada, o gato desaparecera. Enfocou cara unha árbore e sucedeu o mesmo.
Eliminou cincocentas cousas que lle molestaban. Cando acabou coas que odiaba, enfocou ao sol, ás casas, ás rúas...
Despois, mirou o reloxo, comprobou a hora e foi buscar un espello.

A persistencia da memoria
Cuadro de Salvador Dalí , tamén coñecido como Os reloxos brandos



jueves, 30 de abril de 2015

A fiestra de Barro

Con este título,  e coa etiqueta fiestra amosaremos no blogue da biblioteca parte dos traballos desenvolvidos por diferentes departamentos no noso instituto.

Comezaremos por un traballo dos alumnos de relixión de 1º da ESO.

miércoles, 22 de abril de 2015

Eduardo Galeano

MORREU EDUARDO GALEANO

Nado en Montevideo o 3 de setembro de 1940 e finado na mesma cidade o 13 de abril de 2015, foi un xornalista e escritor uruguaio, un dos persoeiros máis destacados da literatura iberoamericana.
Os seus libros foron traducidos a varios idiomas. Os seus traballos transcenden xéneros ortodoxos, combinando documental, ficción, xornalismo, análise política e historia. Galeano nega ser un historiador: "Soy un escritor que quisiera contribuir al rescate de la memoria secuestrada de toda América, pero sobre todo de América Latina, tierra despreciada y entrañable".
Este ensaio publicado en 1971, plasmou a problemática sociolóxica, económica e política de América latina

Clasifícase como un xornalista que estuda a globalización e os seus efectos negativos.
(Fonte: Galipedia )

 FRASES E PENSAMENTOS DE GALEANO

"La historia de América Latina es la historia del despojo de los recursos naturales".
Frases de América

La caridad es humillante porque se ejerce verticalmente y desde arriba; la solidaridad es horizontal e implica respeto mutuo.
Frases de Solidaridad

No consigo dormir. Tengo una mujer atravesada entre los párpados. Si pudiera, le diría que se vaya; pero tengo una mujer atravesada en la garganta.
Frases de Mujer

Al fin y al cabo, somos lo que hacemos para cambiar lo que somos.
Frases de Cambiar



sábado, 18 de abril de 2015

Día del libro




A orixe do día do libro  remonta a 1926. 
O 23 de abril morrían Cervantes e Shakespeare. A data foi escollida pola Conferencia Xeral da UNESCO para render unha homenaxe mundial ao libro e aos seus autores e para motivar a todos a ler  e a descubrir o pracer da lectura. A idea orixinal da celebración  partiu de Cataluña e foi aprobada polo rei Afonso XIII en 1926, pero a data era outra. Esta conmemoración coincide con Sant Jordi patrón de Alemania, Aragón, Bulgaria, Cataluña, Etiopía, Georgia, Grecia, Inglaterra, Líbano, Lituania, Países Baixos, Portugal, Eslovenia e México. É tradicional que os namorados se intercambien unha rosa e un libro.

(FONTE:http://www.diadellibro.eu

Con motivo do día do libro, velaquí algunhas    recomendacións de lecturas de alumnos de 3º ESO.


DIME UN LIBRO
Recomendado por Rodrigo Neira 

Recomendado por Roberto Cancela y Brais Sabarís (na Biblioteca)
Recomendado por Noelia Pérez Tilve (na Biblioteca)

Recomendado por Cristina Pereira (na Biblioteca)

Recomendado por Noelia Pérez Tilve (na Biblioteca)
Recomendado por Alba Triñanes (próximamente na Biblioteca)

Recomendado por Rodrigo Neira (na Biblioteca)

Recomendado por Brais Sabarís (na Biblioteca)

Recomendado por Rodrigo Neira (próximamente na biblioteca)

Recomendado por Cristina Pereira (na Biblioteca)

Recomendado por Rodrigo Neira (próximamente na Biblioteca)
Recomendado por Nerea Cortegoso/ Ana Monteagudo/ Noelia Outón 

 

Concurso de portadas de libros en Inglés