martes, 9 de junio de 2015

PRESENTACIÓN DUN LIBRO SOBRE ISAAC DÍAZ PARDO


Loli Beloso, amiga e coñecedora da vida de Isaac Díaz Pardo, escribiu un libro moi interesante para nenos sobre a biografía de Isaac. Moi xentilmente veunos falar dese home tan humilde que ela compara con Ángel Carracedo, "dous xenios moi traballadores que destacan pola súa naturalidade ".

Grazas  Loli por facernos redescubrir a Isaac e a Ángel!
"Sementade boas sementes, bos sentimentos, iso dará boas plantas"
O esforzo ante todo e  fomentar os bos sentimentos  unha lección que trataremos de seguir...

Na Biblioteca tedes os libros de Loli Beloso:

Con estes libros Loli Beloso contribúe  a financiar a Fundación de Mediciña Xenómica

FARO DE VIGO


ÁNGEL CARRACEDO EN BARRO

fonte: http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2015/06/06/festa-da-familia-placeres-charla/1254728.html


Ángel María Carracedo Álvarez, nado en Santa Comba o 12 de novembro de 1955, é un Catedrático de Medicina Legal, experto internacional en xenética.
É autor de varios libros e centos de publicacións. Vicepresidente da Academia Internacional de Medicina Legal, membro do Grupo Europeo do ADN e da Comisión de ADN da Comisión de Xustiza dos Estados Unidos de América, coordinador da Rede europea de estandarización do ADN e da Rede iberoamericana de xenética molecular aplicada á medicina forense. Está ao fronte da Fundación de Medicina Xenómica de Galicia.
Actualmente coordina a investigación coa labor docente. É profesor de Medicina Legal, Ética Médica e Bioloxía Molecular na facultade de Medicina e Odontoloxía da Universidade de Santiago de Compostela



Excursión dos alumnos de relixión