miércoles, 6 de mayo de 2015

CONCURSO DE MICRORRELATOS

VII CONCURSO DE MICRORRELATOS E MICROPOEMAS TERRAS DO UMIA

A coordinadora comarcal de Equipos de Dinamización da Lingua Galega convocou o VII concurso de microtextos (curso 2014-2015).
Participaron  os centros educativos que integran a Coordinadora Comarcal “Terras do Umia” dos concellos de Barro, Caldas de Reis, Cuntis, Moraña e Portas. 

  • Unha alumna de Barro foi a autora dun dos dous relatos gañadores do Primeiro Premio.

Velaquí o   texto gañador de Uxía Outón de 4º da ESO:

ORIENTE MEDIO

Deixouse caer rendida diante daquela xente. Tentou buscar a resposta: Canto doe a inxuria?
Recreación dunha lapidación en Bruxelas 
Cincocentas pedras




  • Este foi outro dos textos seleccionados, de Ana Cancela Rodríguez (4º da ESO) para participar 


O MUNDO PERFECTO

Sacoulle unha foto ao gato que se atopaba no muro e cando levantou a mirada, o gato desaparecera. Enfocou cara unha árbore e sucedeu o mesmo.
Eliminou cincocentas cousas que lle molestaban. Cando acabou coas que odiaba, enfocou ao sol, ás casas, ás rúas...
Despois, mirou o reloxo, comprobou a hora e foi buscar un espello.

A persistencia da memoria
Cuadro de Salvador Dalí , tamén coñecido como Os reloxos brandos



No hay comentarios: