domingo, 10 de mayo de 2015

Concepción Arenal


 Concepción Arenal Ponte, nada en Ferrol o 31 de xaneiro de 1820 e finada en Vigo o 4 de febreiro de 1893, foi unha diplomada en Dereito, xornalista, poeta, autora dramática e de zarzuela. Foi a primeira muller en asistir a unha Universidade española.
 A maior parte da súa cultura e formación acadouna de xeito autodidacta, especialmente 
a través da lectura, á que se afeccionou polo contacto coa biblioteca  da súa familia.
É bastante probable que asistise á Universidade disfrazada de home, ás aulas da carreira de Dereito, xa que nese momento non se permitía legalmente o acceso das mulleres aos estudos superiores en España.
Tivo o cargo de "visitadora de prisións de mulleres" en 1863,
Con Concepción Arenal naceu o feminismo en España, pois dende nova loitou por romper os canons establecidos para a muller, rebelándose contra a tradicional marxinación do sexo feminino, e reivindicando a igualdade en todas as esferas sociais para a muller. (fonte: Galipedia)

Película sobre a súa vida: na  Biblioteca de Barro


No hay comentarios: