miércoles, 24 de febrero de 2016

A OPINIÓN DOS ALUMNOS

MIRIAM  GÓMEZ CALVO   recoméndanos: 

Cuando Hitler robó el conejo rosa     Judith Kerr

Recoméndoo porque é un libro entretido  e,  a pesar de ter  un fondo tráxico,   hai cousas divertidas e está contado desde un bo punto de vista. 
Ten un fondo triste porque trata dunha rapaza  que se chama Anna que é xudía, polo que ten que marchar de Alemaña  para fuxir de Hitler.  Na súa fuxida pasaron por tres países: Francia, Suiza e Inglaterra.  Gustoume moito.

Mil soles espléndidos  Khaled Hosseine
É un libro moi entretido. Resulta interesante  aprender cómo vive  a xente de Afganistán  e sobre todo as mulleres. 
Sorprendeume que empeza falando sobre unha rapaza que se chama Mariam  e despois na segunda parte do libro  empeza a falar doutra rapaza que se chama Laila, algo totalmente distinto e fai que case nos olvidemos de Mariam . 
Despois xa comprendin a razón  e gustoume moito esa maneira de presentarnos as dúas protagonistas. Vale a pena lelo, encantoume. 



 Memorias dun neno labrego Xosé Neira Vilas

"Recomendo este libro porque me parece interesante aprender como vivía antes a xente campesiña en Galicia e é algo que os rapaces deberiamos coñecer"


Yo soy Malala
" Conta a vida de Malala, unha rapaza que case perde a vida por defender o dereito das rapazas á educación.  É moi interesante e gustoume moito. Contrariamente ao que se pode pensar non é nada aburrido"


La llamada de la selva    Jack London 

"Recomendo este libro porque nos relata a dura vida dun San Bernardo ao que venderon  como can de trineo. A historia principal e os tres relatos do final están ambientados no Canadá na época dos buscadores de ouro.  Gustoume moito, resulta moi entretido."


Nunca digas nunca     Amy Lab

"Non se trata só dunha historia romántica, normalmente demasiado previsibles. Detrás das vidas dos personaxes agóchase un misterio."


No hay comentarios: